GALICIA-AMÉRICA
O presente volume reúne os traballos de catorce especialistas que, en 2017, se reuniron en Santiago de Compostela para reflexionar e debater sobre un tema estrela do Grupo Organistrum: «O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)», datas que enmarcan dende o gran movemento migratorio galego a América Latina ata a aparición da Xeración do 51, límite que reflicte as consecuencias da represión franquista. O grupo de investigación Organistrum está dedicado aos estudos históricos sobre música en Galicia, polo que nesta obra se tratan a fondo aspectos como a capacidade da música de expresar a identidade colectiva, ou como é quen de chegar a todas as clases sociais. Tamén se dá conta nestas páxinas da enorme importancia dos centros galegos como núcleos de socialización e fomento de actividades, non só musicais senón tamén teatrais, danza, etc. Finalmente, recóllense traballos centrados nas figuras clave de Perfecto Feijóo, Carlos López García-Picos, Carlos Chávez ou Jesús Bal y Gay.
Favorito0
A lista de deseos
Deja un comentario